Convócase proceso selectivo, para a provisión, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso-oposición, dos postos de traballo de mestras/es (persoal laboral temporal) necesarios para impartir os módulos formativos das especialidades da programación AFD, exercicio 2024-2025, solicitados ao abeiro da ORDE do 1 de XULLO de 2024 pola que se establecen as bases para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade autónoma de Galicia para o período 2024-2026, que realizou a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025 (DOG Núm. 132, 9 de xullo de 2024), de acordo co seguinte detalle:
(14-11-2024) Especialidade formativa (ADGG0408) OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS (RD 645/2011 de 9 de maio), na súa segunda edición a impartir na Fundación Cultural da Estrada.