A Fundación Cultural da Estrada impartirá dentro das accións formativas dirixidas a persoas desempregadas para o ano 2019/2020 o certificado de profesionalidade financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social:

 

- IFCT0109 Seguridade informática2019/000941 de 518 horas de duración e de nivel 3, dende o 4 de agosto ata o 22 de decembro de 2020 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

Dispón de 10 prazas e para acceder a el é necesario estar inscrito no SEPE como demandante de emprego e cumprir os requisitos de acceso segundo o nivel de cualificación profesional do curso.

 

Máis información nas oficinas da Fundación Cultural da Estrada sitas en Avda. Benito Vigo nº 94 baixo ou chamar ao 986570997 de luns a venres en horario de nove a dúas.