Será mañá sábado cando o Festival de Danza, que terá lugar entre o 23 e o 25 de abril na nosa vila, levante o pano coa celebración de tres obradoiros de iniciación á danza impartidos por Paula Quintas. Pola mañá serán os grupos infantil e xuvenil da EMAE os destinatarios do obradoiro. Xa na sesión de tarde, ás 16.00 h será a quenda das academias de baile Sondodance e Absolute, e ás 18.00 h, o tecido asociativo de mulleres da Estrada, complementado tamén coa alumnas do grupo de adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas.
 
 
COREOGRAFAS ESTRADA