A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE), logo de celebrar hai unhas semanas o seu 20 aniversario, abre o prazo de inscrición de alumnado para o novo curso 2023-2024.

Os grupos ofertados serán catro: Grupo infantil (a partir dos 6 anos), Grupo Xuvenil (a partir dos 10 anos), Grupo Adultos (+18 anos) e Grupo Danza (a partir dos 40 anos).

Todos os alumnos e alumnas interesadas deberán dirixirse ao departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamar ao teléfono 986573601.

As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

As clases darán comezo no mes de outubro e todo o novo alumnado disporá de dúas clases de cortesía antes de formalizar a súa matrícula. Máis info: http://www.emae.aestrada.gal/index.php

 

 

 

 

(29/08/2023) Bases da convocatoria para cubrir un posto de comercial para actividade de Radio Estrada.