O xoves 25 de abril ás 20.30 h. no MOME. Relator: José E. Torres, responsable do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Policía Xudicial da Comandacia da Garda Civil.

VENRES 22, 20.30 H. (MUSEO DO MOBLE E DA MADEIRA)

Co gallo do Día Mundial da Poesía, o MOME prepara a proxección dun documental que reconstrúe a biografía do poeta ourensán Celso Emilio Ferreiro. Estreado na TVG o 12/12/12, este traballo escrito e dirixido por Aser Álvarez, foi nominado aos Premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega do Audiovisual, como mellor traballo documental, e presentado pola TVG aos Premios Iris da Academia de las Ciencias y de las Artes de la Televisión de España. Acompañando o acto, varios escolares estradenses recitarán distintos poemas do autor. ENTRADA: De balde.