Os vindeiros 26 e 28 deste mes de xuño, coincidindo coa celebración das festas de San Paio, os dous grupos xuvenís da EMAE levarán a cabo as súas exhibicións de fin de curso, que servirán para pechar o curso lectivo 2018-2019

O mércores 26, a partir das 20.00 h, no Teatro Principal, o Grupo Xuvenil 2 porá en escena, o espectáculo Pim pam pum. Un espectáculo que trata sobre a irracionalidade da guerra, dos conflitos bélicos vistos dende a ollada dun neno. A montaxe está dirixida polos profesores Xosé Lueiro e Arturo Covas e interpretada polos rapaces Vanessa, Agra, Uxía Correa, Alicia Chenlo, Alberte Arxibai, Saleta Lueiro, Jesús Carbia, Julián Rosende, Carlota Torrado, Carla Cutrín, Tegra Vidal, Adrián Quintela, Alba Mendoza, Cristina Rivadulla e Noa Baloira todos con idades comprendidas entre os 12 e 13 anos.

Pola súa banda, o Grupo Xuvenil 1 porá en escena o espectáculo Grita! Esta montaxe, de creación colectiva, realiza unha reflexión sobre a liberdade de expresión. Está interpretada polos actores Lucía Chenlo, Laura Calvelo, Giovanni Deidda, Mencía Vidal, Karina Montoro, Alba Vázquez, Paula Barreira, Alba Martínez, Sergio Iglesias, Pablo González, Elena Carracedo, Sergio González.

Agardamos verte no Teatro Principal! A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

 

 

 

matricula teque 19 20

 

 

Nas nosas escolas poderás aprender a bailar e tocar a gaita, pandeireta, percusión e o acordeón.

 http://www.tequexeteldere.gal/

 

 

 

Se estás interesad@, podes formalizar a reserva de praza no seguinte enlace:

 
https://forms.gle/5nvATKBbsfjdKrhC8