Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.
Despois dun ano para esquecer, e que grazas a todo o noso alumnado e o esforzo das súas familias sacamos adiante, abrimos a reserva de praza para o vindeiro curso.

Como todos os anos, as actividades as que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión, acordeón e zanfona.
O custe das actividades é de 13 euros ao mes para a primeira actividade e de 10 para a segunda actividade ou segundo irmán.

A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace:

https://bit.ly/3gGktZc

 

Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no telf 660 136 787 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

http://tequexeteldere.gal/index.php/escolas

 

matricula 2020 2021

 

 

 

Tras o éxito acadado na estrea do mes de outubro, o Principal volve acoller este venres 28 de maio unha nova entrega de Sobre o mal que fai o tabaco, peza interpretada por Gonzalo Valcárcel, dirixida por Santiago Cortegoso e acompañada musicalmente por Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez. Os convites poderán recollerse no Departamento de Cultura. Non faltedes!

 
FOTO 1