Fundación Cultural da Estrada

  • All Posts
  • Sen categorizar

15 Outubro, 2021/

O mércores 13 de outubro, leváronse a cabo as presentacións dos cursos Infantil (8-11), Xuvenil (12-13), Xuvenil (+13) e Danza para mulleres maiores de 40 anos. Foi un momento moi ilusionante, co nacemento dun novo grupo e a consolidación dun proxecto docente, que da man, do profesorado, vén gozando do apoio da veciñanza. Serán 5 os grupos e 78 os alumnos que boten a andar este curso.

24 Maio, 2021/

Tras o éxito acadado na estrea do mes de outubro, o Principal volve acoller este venres 28 de maio unha nova entrega de Sobre o mal que fai o tabaco, peza interpretada por Gonzalo Valcárcel, dirixida por Santiago Cortegoso e acompañada musicalmente por Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez. Os convites poderán recollerse no Departamento de Cultura. Non faltedes!

16 Abril, 2021/

Será mañá sábado cando o Festival de Danza, que terá lugar entre o 23 e o 25 de abril na nosa vila, levante o pano coa celebración de tres obradoiros de iniciación á danza impartidos por Paula Quintas. Pola mañá serán os grupos infantil e xuvenil da EMAE os destinatarios do obradoiro. Xa na sesión de tarde, ás 16.00 h será a quenda das academias de baile Sondodance e Absolute, e ás 18.00 h, o tecido asociativo de mulleres da…

Ver máis

End of Content.

Scroll ao inicio