- All Posts
- Sen categorizar
Será ás 11.00 h este vindeiro sábado 6 de marzo. O Teatro Principal abrirá as súas portas para gozar da nova peza da compañía Traspediante na que traballa a nosa profe Paula Quintas. Unha proposta que revisa o mito da Cincenta en clave de igualdade cunha proposta visual ambientada na estética do Ballet Triádico de Oskar Schlemmer (Bauhaus, 1922). Antes da peza, o elenco técnico dirixiralle ao alumnado unhas palabras sobre distinas premisas da montaxe. Agardamos impacientes esta preestrea!
Será o vindeiro venres día 23 no Teatro Principal ás 21.00 h, aínda que un día antes farase unha preestrea con alumnos da propia Escola. Adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso e interpretada por Gonzalo Valcárcel, e tres músicos do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso (Pablo Bernárdez, Juan Núñez e Manuel Castedo), Sobre o mal que fai o tabaco é un monólogo de Antón Chéjov escrito en 1886 que reflicte ese momento da vida no que un procura inutilmente a felicidade.…
Resultado final do proceso selectivo para a contratación de 2 postos de persoal laboral na categoría de Técnico/a de Orientación Laboral/Prospección de Empresas, no ámbito do desenvolvemento das accións do “Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural A Estrada 2019-2020”.