DIRIXIDO A: Todas e todos os aficionados á música.
LUGAR: Teatro Principal da Estrada.
PRAZAS: un máximo de 15 asistentes activos e 24 oíntes.
DURACIÓN: Días 13 e 26 de febreiro e 26 de marzo. 4 horas cada día en horario de mañá.
PREZO:
Alumnas/os activos: 30€
Alumnas/os oíntes: 15€
O obxetivo da masterclass é a introdución, estudo e desenvolvemento da linguaxe moderna e das súas diferentes vertentes: melódica, harmónica e rítmica. Así como o tratamento da interpretación, improvisación e aplicación práctica median
te un repertorio variado que aborde diversos estilos: standars, bebop, bossa nova, etc.
As sesión estarán abertas a todo tipo de instrumentos e levaranse a cabo de forma grupal mediante o traballo conxunto en formato combo.
Abe Rábade
Pianista e compositor nacido en Compostela o 8 de setembro de 1977. Conta con catorce discos como líder (Sorte, o máis recente, editado por Nuba Records no 2021), estreou dúas composicións sinfónicas (Tránsitos no 2015 e Tempos Velados no 2018), outras tres obras poético-musicais (Rosalía 21 no 2008, Travesía dos Poetas no 2010 e Lorca Namorado no 2019). É autor de 200 composicións en estilos como jazz, clásica, experimental e músicas de raíz. Actúa con numerosas figuras de reconocido prestixio internacional en concertos e festivais de todo o mundo. Así mesmo ofrece múltiples masterclasses en centros especializados.
Licenciado Cum Laude en Jazz Composition e Piano Performance por Berklee College of Music (Boston, EEUU) no 1999, actualmente é docente nos conservatorios superiores de música de Galiza e Portugal.
Biografía
Dirixe o seu trío de jazz acústico desde 1996, formado na actualidade por Pablo Martín Caminero no contrabaixo e Bruno Pedroso na batería.
Formou o grupo Nordestin@s en 2006 xunto ás cantantes Guadi Galego e Uxía Pedreira. O disco homónimo foi un dos 100 máis vendidos no estado español no Nadal de 2006.
É autor dunhas 200 composicións orixinais (moitas de corte jazzístico, pero tamén varias achegadas á música experimental, á tradicional galega, ao flamenco ou á clásica).
Desde 2001 é codirector artístico (xunto a Paco Charlín) do Seminario Permanente de Jazz, na cidade de Pontevedra.
Forma parte do corpo docente da ESMAE (Porto, Portugal) desde 2009 e do CSM Galicia, desde 2019.