- All Posts
- Sen categorizar
A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE), logo de celebrar hai unhas semanas o seu 20 aniversario, abre o prazo de inscrición de alumnado para o novo curso 2023-2024. Os grupos ofertados serán catro: Grupo infantil (a partir dos 6 anos), Grupo Xuvenil (a partir dos 10 anos), Grupo Adultos (+18 anos) e Grupo Danza (a partir dos 40 anos). Todos os alumnos e alumnas interesadas deberán dirixirse ao departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamar ao teléfono…
A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) saca 10 prazas para o taller de Humor para torpes, impartido polo actor catalán Joan Strader que terá lugar os días 2 e 3 de decembro, un taller baseado na cración do gag cómico. O taller estrutúrase en catro partes: A búsqueda do simple, deconstruír e construír, creatividade para crear pezas únicas e orixinais e consciencia a través do risco de atreverse a fracasar. Comezará o venres día 2 no Museo do Moble…
Que grande nova! O xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras finalistas que se representarán na súa quinta edición. Entre as cinco , figura a peza da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada Sobre o mal que fai o tabaco, escrita por Anton Chejov. Unha peza dirixida por Santiago Cortegoso, protagonizada polo actor Gonzalo Valcárcel e na que colabora o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso. Todo un estímulo para seguirmos enchendo de vida os escenarios! O 7 de maio,…