Queda vacante a última praza para o curso AFD “Docencia da formación profesional para o emprego” que se impartirá a partir de hoxe, 7 de xaneiro, nas instalacións da Fundación Cultural da Estrada. As persoas interesadas en realizar o curso deberán pórse en contacto coa fundación nas oficinas de aestradadixital ou chamando ao teléfono 986570997.

A acción formativa abrangue 398 horas de duración que se impartirán en horario de tarde de 16:00 a 21:00, nas que se contan 40 horas de prácticas en empresas e rematará o vindeiro 29 de abril. Para o acceso é requisito estar en situación de desemprego e estar en posesión do título de bacharelato, ciclo superior de Formación Profesional, certificado de profesionalidade de nivel 3 ou certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia.

As persoas que superen o curso, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e consigan a cualificación de apto obterán un certificado de profesionalidade imprescindible para poder exercer a docencia oficial non regrada a pesar de non posuír o antigo CAP ou o máster en Educación.