Dende a realidade dun contorno económico complicado, resulta cada vez máis difícil manter un ámbito local propicio ao crecemento empresarial e á creación de emprego. Dende o Concello da Estrada queremos apostar por un traballo conxunto entre todos os entes interesados no progreso e evolución empresarial, como son as administracións, as cámaras de comercio, as asociacións, as empresas, etc.

Neste senso, a Área de Promoción Económica do Concello da Estrada deseñou un “PLAN ESTRATÉXICO DE ESTIMULACIÓN EMPRESARIAL” pensado para as micropemes e pemes do noso concello. A finalidade deste plan é conquerir aumentar a competitividade a traverso da innovación, a cooperación, o crecemento e a internacionalización, loitando así para acadar un proxecto de futuro para o tecido empresarial estradense.

Por ese motivo terá lugar o XOVES 21 DE XUÑO ÁS 20:00 h. no MOME (Museo do Moble e da Madeira da Estrada), sito na Avenida Benito Vigo, 92 (Baixo reserva de modificación por motivos de capacidade).

Agradeceriámoslle que nos confirmasen a súa asistencia, por unha cuestión de aforo, ao teléfono 986.57.09.97 ou enviando a ficha de inscrición debidamente cuberta ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

triptico xornada 1

    * Descargar tríptico.
    * Descargar ficha de inscrición.