Varela Buxan2019A Escola Municipal de Artes Escénicas e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada convocan a VII Premio de Textos Teatrais Varela Buxán.

O obxecto non é outro que o de difundir aos valores da nova dramaturxia galega, divulgar a vida e obra do dramaturgo estradense Manuel Daniel Varela Buxán e perseverar no cultivo da lingua galega como ferramenta literaria.

O prazo de admisión pecharase o 25 de outubro de 2019 e o premio ten asignada unha dotación de 1.200 euros máis a publicación da obra gañadora. O xurado estará presidido polo prestixioso dramaturgo e director escénico Santiago Cortegoso.

Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade con textos inéditos (nin publicados nin representados) e escritos en lingua galega.

Descargar bases.

 

 

 

O vindeiro venres 27 de setembro ás 21.30 h estades todos convidados a acompañarnos na xornada de apertura da XIII Mostra de teatro afeccionado de Orazo. A peza de García Barros, adaptada e dirixida para a EMAE por Santiago Cortegoso está interpretada por Chelo do Rejo, Gonzalo Valcárcel, Fran Campos e o acordeonista Juan Ruibal. Unha montaxe centrada na reinvindicación da  tradición oral e o respecto aos nosos maiores que se basea en varios dos Contiños da terra do escritor estradense. Achégate e goza dunha Mostra e dunha obra de teatro estupendas!!!