Queda vacante a última praza para o curso AFD “Docencia da formación profesional para o emprego” que se impartirá a partir de hoxe, 7 de xaneiro, nas instalacións da Fundación Cultural da Estrada. As persoas interesadas en realizar o curso deberán pórse en contacto coa fundación nas oficinas de aestradadixital ou chamando ao teléfono 986570997.

A acción formativa abrangue 398 horas de duración que se impartirán en horario de tarde de 16:00 a 21:00, nas que se contan 40 horas de prácticas en empresas e rematará o vindeiro 29 de abril. Para o acceso é requisito estar en situación de desemprego e estar en posesión do título de bacharelato, ciclo superior de Formación Profesional, certificado de profesionalidade de nivel 3 ou certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia.

As persoas que superen o curso, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e consigan a cualificación de apto obterán un certificado de profesionalidade imprescindible para poder exercer a docencia oficial non regrada a pesar de non posuír o antigo CAP ou o máster en Educación.

 

 

 

cartel afd docencia

 

 

Con obtención de certificados de profesionalidade, prácticas en empresas e a posibilidade de bolsas e axudas. Imprescindible estar como demandante na Oficina de Emprego.

 

 

 

- SSCE0110: DOCENCIA DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO.  Está previsto que comece o 7 de xaneiro de 2019.

 

 

 

*As persoas interesadas en obter máis información sobre este curso, poden solicitala a través do teléfono 986 57 09 97 ou directamente no Local da Fundación Cultural de A Estrada, sito na Avda. Benito Vigo, nº 94, baixo.