Fundación Cultural da Estrada

Sen categorizar

Sen categorizar

Probas selectivas, mestres módulos formativos especialidades programación AFD, exercizo 2024-2025. Especialidade formativa (ADGG0508) OPERACIÓNS DE GRAVACION E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS (RD 645/2011 de 9 de maio)

Convócase proceso selectivo, para a provisión, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso-oposición, dos postos de traballo de mestras/es (persoal laboral temporal) necesarios para impartir os módulos formativos das especialidades da programación AFD, exercicio 2024-2025, solicitados ao abeiro da ORDE do 1 de XULLO de 2024 pola que se establecen as bases para as accións formativas do Plan formativo para o emprego ( persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2024-2026, eq realizou a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025 (DOG Núm. 132, 9 de xullo de 2024), de acordo co seguinte detalle: (14-11-2024) Especialidade formativa (ADGG0508) OPERACIÓNS DE GRAVACION E TRATAMENTO DE DATOS E DOCUMENTOS (RD 645/2011 de 9 de maio), na súa segunda edición a impartir na Fundación Cultural da Estrada. Descargar bases.

Sen categorizar

Probas selectivas, mestres módulos formativos especialidades programación AFD, exercizo 2024-2025. Especialidade formativa (ADGG0408) OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS (RD 645/2011 de 9 de maio)

Convócase proceso selectivo, para a provisión, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso-oposición, dos postos de traballo de mestras/es (persoal laboral temporal) necesarios para impartir os módulos formativos das especialidades da programación AFD, exercicio 2024-2025, solicitados ao abeiro da ORDE do 1 de XULLO de 2024 pola que se establecen as bases para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade autónoma de Galicia para o período 2024-2026, que realizou a súa primeira convocatoria para os exercicios 2024-2025 (DOG Núm. 132, 9 de xullo de 2024), de acordo co seguinte detalle: (14-11-2024) Especialidade formativa (ADGG0408) OPERACIÓNS AUXILIARES DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS E XERAIS (RD 645/2011 de 9 de maio), na súa segunda edición a impartir na Fundación Cultural da Estrada.  Descargar bases.

Sen categorizar

Apúntate no novo curso da Escola Municipal de Artes Escénicas!

A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE), logo de celebrar hai unhas semanas o seu 20 aniversario, abre o prazo de inscrición de alumnado para o novo curso 2023-2024. Os grupos ofertados serán catro: Grupo infantil (a partir dos 6 anos), Grupo Xuvenil (a partir dos 10 anos), Grupo Adultos (+18 anos) e Grupo Danza (a partir dos 40 anos). Todos os alumnos e alumnas interesadas deberán dirixirse ao departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamar ao teléfono 986573601. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. As clases darán comezo no mes de outubro e todo o novo alumnado disporá de dúas clases de cortesía antes de formalizar a súa matrícula. Máis info: http://www.emae.aestrada.gal/index.php

Sen categorizar

O actor Joan Strader impartirá para a EMAE un taller de “Humor para torpes”

A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) saca 10 prazas para o taller de Humor para torpes, impartido polo actor catalán Joan Strader que terá lugar os días 2 e 3 de decembro, un taller baseado na cración do gag cómico. O taller estrutúrase en catro partes: A búsqueda do simple, deconstruír e construír, creatividade para crear pezas únicas e orixinais e consciencia a través do risco de atreverse a fracasar. Comezará o venres día 2 no Museo do Moble e da Madeira de 16.30h a 20.30h, continuará o sábado no Teatro Principal de 10.30h a 13.30h e rematará a tarde do sábado cunha exhibición aberta ao público a partir das 20.00h. O prezo do taller é de 30,00€. Todos os interesados/as poden dirixirse ao departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamar ao teléfono 986573601.

Sen categorizar

A EMAE, FINALISTA NA MOSTRA DE TEATRO DE ZAS

Que grande nova! O xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras finalistas que se representarán na súa quinta edición.  Entre as cinco , figura a peza da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada Sobre o mal que fai o tabaco, escrita por Anton Chejov. Unha peza dirixida por Santiago Cortegoso, protagonizada polo actor Gonzalo Valcárcel e na que colabora o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso. Todo un estímulo para seguirmos enchendo de vida os escenarios! O 7 de maio, achegarémonos ao auditorio de Zas para participar na gran fiinal.

Sen categorizar

Presentacións dos cursos da EMAE

O mércores 13 de outubro, leváronse a cabo as presentacións dos cursos Infantil (8-11), Xuvenil (12-13), Xuvenil (+13) e Danza para mulleres maiores de 40 anos. Foi un momento moi ilusionante, co nacemento dun novo grupo e a consolidación dun proxecto docente, que da man, do profesorado, vén gozando do apoio da veciñanza. Serán 5 os grupos e 78 os alumnos que boten a andar este curso.

Sen categorizar

O VENRES 28 DE MAIO O CHEJÒV DA EMAE VISITA O TEATRO PRINCIPAL

Tras o éxito acadado na estrea do mes de outubro, o Principal volve acoller este venres 28 de maio unha nova entrega de Sobre o mal que fai o tabaco, peza interpretada por Gonzalo Valcárcel, dirixida por Santiago Cortegoso e acompañada musicalmente por Juan Núñez, Manuel Castedo e Pablo Bernárdez. Os convites poderán recollerse no Departamento de Cultura. Non faltedes!

Scroll ao inicio