Dende a Concellería de Promoción Económica do Concello da Estrada  e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada organizase un curso de alérxenos de 8 horas de duración sobre a adaptación ao regulamento 1169/2011 polo que dende decembro de 2014 é obrigatorio que as etiquetas alimentarias mencionen os alérxenos que se atopan nos productos.

Será ofrecida polo consultor José Manuel Bouzón o xoves 12 de marzo ás 20:00 horas no MOME e está dirixida principalmente a comerciantes e hostaleiros.