Dende a Concellería de Promoción Económica do Concello da Estrada coa colaboración do Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada vaise levar a cabo unha xornada informativa sobre a Factura Electronica dirixida a todolas empresas que emitan facturas electrónicas á administración local que superen os 5.000 euros. Este formato de factura electrónica entrou en vigor no Concello da Estrada o 15 de xaneiro deste ano, polo que todolos autonomos e pymes que emitan facturas ao Concello por este importe ou superiores terán que utilizar esta fórmula.

Nesta xornada abordaranse varios temas:

  • ¿qué se necesita para crear unha factura electrónica?.
  • ¿cómo teñen que ser as facturas electrónicas?
  • ¿cómo firmo electrónicamente unha factura?
  • ¿cómo envio unha factura electrónica?
  • ¿qué fago coas facturas electrónicas unha vez enviadas á Administración?

Terá lugar o vindeiro xoves 19 de febreiro nas instalacións do MOME ás 20h e será impartido por Brais Méndez, Gerente de Enxendra Tecnologies.

Con esta xornada pretendese que todalas empresas do noso Concello poidan ter a  información necesaria de cómo facer e emitir este tipo de facturas, poidan facer calquer tipo de pregunta ao respecto  e que despois da xornada poidan ter un contacto ou unha persoa a quen acudir en caso de ter algunha dúbida sobre a factura electrónica.

Para acudir a esta sesión pregamos que os interesados se anoten na Alcaldia do Concello da Estrada ou nas oficinas da Fundación Cultural ou chamando aos teléfonos: 986570030 ou 986570997 co fin de levar un rexistro de asistentes.

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada, o Orientador Laboral do Concello e a Asociación Enrólate informamos que está aberto o prazo para inscribirse no proceso de avaliación e acreditación das competencias profesionais. O prazo de solicitude remata o 6 de febreiro de 2015, polo que dende a Fundación vamos a dispoñer dunha aula con ordenadores os días martes 27 e xoves 29 de xaneiro, pola mañá de 9:00h a 14:00h e pola tarde de 16:30 a 20:00 h para que os interesados en matricularse na acreditación de competencias poidan facelo dende aqui. Deberán traer unha vida laboral e os contratos ou certificados de empresa que acrediten a experiencia laboral que posuen.