(16/11/2019) Convócase proceso selectivo, para a provisión, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso-oposición, dos postos de traballo de mestras/es (persoal laboral temporal) necesarios para impartir os módulos formativos das especialidades da programación AFD, exercicio 2019-2020,

Especialidade formativa (COMV0108) ACTIVIDADES DE VENDA

  O prazo de presentación de instancias remata o venres día 22 de novembro ás 14:00 h.

 

*Corrección erro nas bases: No Artigo 5, na táboa que se refire ao apartado IV do certificado de profesionalidade de Actividades de venda, na columna “Experiencia profesional requerida no ámbito da unidade de competencia / Con acreditación” onde pon “2 anos” debería poñer “1 ano”.

 

 

(16/11/2019) Convócase proceso selectivo, para a provisión, con carácter de urxencia, polo sistema de concurso-oposición, dos postos de traballo de mestras/es (persoal laboral temporal) necesarios para impartir os módulos formativos das especialidades da programación AFD, exercicio 2019-2020,

Especialidade formativa (IFCT0109) SEGURIDADE INFORMÁTICA

  O prazo de presentación de instancias remata o venres día 22 de novembro ás 14:00 h.

 

 

(16/11/2019) Convocatoria para a provisión, con carácter temporal e a xornada de 30 horas semanais de 1 posto de persoal laboral na categoría de persoal Administrativo para as actividades formativas afd.

 O prazo de presentación de instancias remata o venres día 22 de novembro ás 14:00 h. 

O Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural da Estrada 2019/2020 subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que se vai xestionar dende a Fundación Cultural A Estrada, é un programa que ten como obxectivo acadar a mellora da ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego do Concello da Estrada mediante as seguintes accións:

 

a) Información, orientación e asesoramento.

b) Formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.

c) Formación específica para o emprego.

d) Técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea.

e) Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.

f) Fomento da capacidade emprendedora.

g) Prospección empresarial.

h) Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

i) Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, de ser o caso, co contido teórico-práctico das accións formativas.

j) Mobilidade laboral.

k) Todas aquelas accións dirixidas a incrementar as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego.