Presentacións dos cursos da EMAE
Matrícula curso 2021/2022 das escolas de Tequexetéldere
Se non queres quedar sen praza para o vindeiro curso das escolas de Tequexetéldere, podes facer unha reserva de praza para os cursos que darán comezo no mes de outubro.
Despois dun ano para esquecer, e que grazas a todo o noso alumnado e o esforzo das súas familias sacamos adiante, abrimos a reserva de praza para o vindeiro curso.
Como todos os anos, as actividades as que vos podedes anotar son baile, gaita, pandeireta, percusión, acordeón e zanfona.
O custe das actividades é de 13 euros ao mes para a primeira actividade e de 10 para a segunda actividade ou segundo irmán.
A matrícula pódese facer a traves do seguinte enlace:
Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto con nós no telf 660 136 787 ou no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
http://tequexeteldere.gal/index.php/escolas
Páxina 5 de 90