O GRUPO DE DANZA +40 ESTREA A ESCENA!
Este vindeiro domingo ás 20.00h, o Grupo de Danza +40, composto por 16 integrantes, levará a cabo a súa exhibición de fin de curso. Un espectáculo titulado Xogos atemporais que terá lugar no Teatro Principal da Estrada. A entrada será de balde ata completar a capacidade da sala.

A EMAE, FINALISTA NA MOSTRA DE TEATRO DE ZAS
Que grande nova! O xurado da Mostra de Teatro Afeccionado Labarta Pose escolleu as cinco obras finalistas que se representarán na súa quinta edición. Entre as cinco , figura a peza da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada Sobre o mal que fai o tabaco, escrita por Anton Chejov. Unha peza dirixida por Santiago Cortegoso, protagonizada polo actor Gonzalo Valcárcel e na que colabora o Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso. Todo un estímulo para seguirmos enchendo de vida os escenarios! O 7 de maio, achegarémonos ao auditorio de Zas para participar na gran fiinal.
Páxina 2 de 88